xoves, 13 de novembro de 2014

Podemos vivir e traballar no noso medio.


A pasada fin de semana estivemos na feira de Outono de Allariz, unha cita importante para nós. Unha feira con moito caracter local, pois a maioría dos postos somos produtores/as locais.


Dentro da feira podiamos atopar diversidade de produtos producidos e transformados en Allariz e nos concellos próximos, entre eles nós apostando polo sabugueiro pero tamén Petelos coa súa fariña de castañas, O Rexo co seu queixo de ovella, Embutidos Vilaboa cos seus chourizos e cachuchas, Dama Alaricana coa súa cervexa, Mimá coa súa horta ecolóxica, Carmiña co pan en forno de leña, Pan do demo cos seus cogomelos,... 

Pequena iniciativas en lugares pequenos que fan grandes produtos e especialmente grandes proxectos de vida, demostrando co bo facer que outra maneira de vivir e traballar é posible, e que omedio rural ofrece moitas opcións de futuro. 

Deixámosvos algunhas fotiños dos nosos amigos/as e produtores

Pan do Demo. Cogumelos
Petelos: Castañas
Mimá. Horta ecolóxica

O Rexo. Queixo
   




Ningún comentario:

Publicar un comentario