mércores, 26 de febreiro de 2014

Carabuñas no Forum Gastronómico da Coruña

Rematou o Forúm Gastronómico que se celebrou dende domingo até o pasado martes, Carabuñas estivo presente coa súa marmelada e licor de sabugueiro.

O forúm é unha das citas máis importantes para os profesionais e amantes da do bo beber e do bo comer. Este congreso (con feira incluída) púxose en marcha no 1999 e dende entón celebrase nas cidades da Barcelona e Santiago, este ano fíxose na Coruña.

Ao longo de tres días os profesionais, afecionados e visitantes puideron degustar, aprender, e conversar cunha chea de produtores da terra.


Foi un auténtico pracer participar e conversar cos coruñeses e os que non son.

www.forumgastronomic.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario