martes, 3 de decembro de 2013

Carabuñas en Estruming Days

Carabuñas forma porte de Estruming Days, un espazo de networking,intercambio e formación para profesionais que aproveiten, dinamicen e/ou traballen o rural galego cunha mirada actual e global.


Formamos parte de Estrumin Days un total de 33 pequenas iniciativas que traballan a prol do desenvolvemento deste país (empresas, emprendedores, asociacións,...) creando unha rede que nos permita compartir e colaborar entre nós.



Estruming days tivo o seu espazo no Culturgal 2013, e alí estivemos gozando da cultura deste país e compartindo agriCULTURA.



O estrume é o abono orgánico que fertiliza e nutre a terra de xeito natural. Estruming Days é ese estrume para mentes inquedas e abertas que queiran facer medrar as súas ideas de negocio co potencial e valor dos numerosos recursos que ofrece o medio rural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario