xoves, 12 de decembro de 2013

Carabuñas en Agasallo.eu


A plataforma Agasallo.eu, posta en marcha pola Coordinadora de Traballadoras e Traballadores de Normalización da Lingua, mostra unha feixe de ideas para agasallar, iso si, tendo o galego presente nos presentes. A plataforma pretende convertirse no espazo virtual de referencia para todos os que queiran atopar produtos ou servizos en galego, sexa para este nadal ou calquera día.

En Agasallo.eu podedes atopar libros, música, téxtil, xogos, ... e tamén marmelada e licor de sabugueiro, porque queremos estar onde está o galego, porque o galego está onde nós estamos. 

A nosa benvida a Agasallo.eu e moita sorte a todos os proxectos que colaboran na mesma. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario