xoves, 10 de outubro de 2013

Carabuñas en Loire-Atlantique (Francia)


A semana do 29 de setembro ao 5 de outubro, representante de Carabuñas xunto con catro mulleres de Allariz tivemos a oportunidade convivir con labregas francesas e aprender das súas explotacións rurais situadas ao sur de Nantes.

Cinco intensos días dedicados exclusivamente a ver, analizar e compartir diferentes xeitos de traballar e de aproveitar os recursos locais. Moitas e variadas iniciativas visitamos, dende a produción de carnónicos,panadería artesanal ou interesantes explotacións de leite ecolóxica, na que se producen e iogures e queixos para a venda directa, como exemplo de circuítos curtos de comercialización, que permiten á produtora diminuír os intermediarios co consumidor. Así, o circuíto máis curto é aquel no que a produtora proporciona directamente o seu produto ao consumidor (venda directa).


Xunto a Carabuñas, viviron a experiencia Carmen Álvarez de Ecoleia, María Jesús Fernández de Ecomeben, Rosa Ferreiro do Rexo e Josefa Borrajo de Xardinería Allariz, cinco mulleres, cinco iniciativas con un punto de venda directa todos os sábados na praza de abastos de Allariz.


Dentro do programa organizado por sete campesiñas francesas e acolaboración do Cámara de Agricultura e o CPIE Logne e Grand Lieu, tivemos a oportunidade de coñecer a pesca artesanal no Grand Lieu, a obtención de sal a partir de auga de mar, ou visitar as vilas costeiras de Pornichet ou Guérande.

Un experiencia enriquecedora que non remata, pois recibiremos ás amigas francesas na vindeira primavera.



Para saber máis sobre o traballo das compañeiras da aventura, podedes consultar os seguintes enlaces:

Leite ecolóxico de Allariz
http://www.ecoleia.com/

Queixo O Rexo
http://fundacionrgf.org/index.php/queixo-o-rexo-de-allariz

Xardineria Allariz
http://www.xardineriaallariz.es/

Ningún comentario:

Publicar un comentario