venres, 20 de setembro de 2013

Marmelada de Mazá e Cervexa. Carabuñas e Dama Alaricana

Un dos obxectivos de Carabuñas é colaborar con produtores e transformadores da comarca, especialmente aqueles que desenvolvan a súa actividade dentro da Reserva da Biosfera Área de Állariz. Póndo o noso gran de area ao mantemento dun medio rural vivo.

Carabuñas e Dama Alaricana artellan unha nova marmelada, marmelada de mazá e cervexa. Elaborada co saber facer de Carabauñas, mazá de produción ecolóxica (Finca A Puchadiza, As neves), e cervexa artesán Dama Alaricana.


O resultado, para nós moi bo, pero tócavos a vós valoralo. Esperemos que sexa do voso agrado. 

DAMA ALARICANA, e a primeira cervexa artesán da provincia de Ourense, que reflexa a esencia do lugar onde ten a súa orixe, unha pequena aldea chamada Portela de Airavella, pertencente á Allariz, concello galego repleto de historia, arte e tradición.

Podedes coñecer máis sobre a cervexa e o proxecto no seguinte enlace:

Ningún comentario:

Publicar un comentario