mércores, 24 de xullo de 2013

Etiquetar en galego por autoestima e garantía de orixe.

Carabuñas formaliza ingreso como irmandiño na II Asemblea da Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros. Iniciativa posta en marcha no 2012 e no que xa formamos parte un tal de 70 empresas, na pasada asemblea formalizaron o ingreso 16 adegueiros e 15 empresas agroalimentarias. 



O obxecto de IRGADE é o de promover o consumo responsable dos produtos etiquetados en galego, pois os produtos teñen que identificarse coa terra na que se producen, e para iso é imprescindible o uso da nosa lingua na etiquetaxe. 




Tedes un resumo da Asemble no seguinte enlace: 
http://www.galeguizargalicia.tv/video/128/ii-asemblea-irgade

Ningún comentario:

Publicar un comentario