venres, 14 de xuño de 2013

Primeira cesta ecolóxica de Allariz



A asociación Ecomeben, nace coa finalidade de recuperar terras para a produción de horta ecolóxica en Allariz. Un grupo de mozos e mozas poñen a andar esta iniciativa a finais de 2012, e na tarde de onte fixeron entregar da primeira cesta ecolóxica 100% alaricana.
Carabuñas colabora dende principios de ano coa asociación facendo uso dos xeitos tradicionais de colaboración, o intercambio de traballos e préstamo de instalacións.

Queremos darlle a nosa noraboa e desexarlle moita sorte nesta andaina.

Por certo, a leituga está deliciosa.



Ningún comentario:

Publicar un comentario