martes, 11 de xuño de 2013

Licor de sabugueiro, o segredo está na augardente.

                                   

A augardente empregada por Carabuñas para a elaboración do licor de Sabugueiro é de alta calidade.


Eliximos coidadosamente a materia prima. A augardente é resultado do proceso tradicional do destilado do bagazo no pote, acadando un licor exquisito e único no estado.  

Cousas da lingua ...

Destilería Quinta Couselo (O Rosal)
Pote: Aparello metálico usado para destilar, que se compón dunha caldeira da que sae un conduto polo que cae o produto da destilación. Alquitara, destilador ou alambique.

Sabugueiro: Arbusto da familia das caprifoliáceas ( Sambucus nigra ) , de dous a cinco metros de altura, cheo de ramas, co tronco de cortiza parda e engurrada e abundante miolo branco, follas de cheiro desagradable e flores brancas que se utilizan con fins medicinais. Saúco, bieiteiro, sabugo,...

Sabugo: Miolo do sabugueiro, parte máis branda e clara do tronco dunha árbore, comprendida entre a casca e a cerna 2. Parte carnosa e delicada que está debaixo das uñas das persoas e dalgúns animais. Cravou unha estela no sabugo dun dedo. sin. sámago, samo, magolo










Ningún comentario:

Publicar un comentario